| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

VOLEIBOL - 2º ESO

Page history last edited by Jorge Rodríguez Guillén 2 years ago

 

INICIACIÓN AL VOLEIBOL:

 

Pinchando sobre las imágenes tendréis información sobre los fundamentos básicos del voleibol, de una manera muy gráfica y sencilla.

 

 

 

 

                                           

 

 

 

                                   

 

 

REGRAS  BÁSICAS DO VOLEIBOL - RESUMO

 

1.-A  pista.

 

Ó  voleibol xógase nunha cancha rectangular de 18 m de largo por 9 m de ancho.

En cada campo existe unha zona de ataque (3 m ) e unha zona de defensa (6 m).

A altura da rede varía en función da categoría, a altura mínima son 2 m para alevíns, e vai aumentando en función da  idade dos xogadores. Na categoría absoluta é de 2.43 m para os homes, e 2.24 m para as mulleres.

 

 

2.- O  equipo.

 

Un equipo de voleibol está formado por  12 xogadores, dos cales 6 son titulares e  outros 6 serán suplentes. Está permitido facer ata seis cambios durante cada set. Para realizar o cambio hai que solicitalo previamente na mesa de anotadores, e non poderá realizarse ata que o xogo  estea detido. Os xogadores de ataque chámanse  dianteiros, mientras que os de defensa denomínanse  zagueiros.

 

3.-O xogador líbero.

 

Un equipo pode xogar ou non, cun  xogador especial denominado líbero. Este xogador deberá levar unha camiseta de diferente cor a do resto  dos  seus compañeiros para  a sua mellor identificación.  É un xogador especialista en dar bos pases os seus compañeiros, e goza de certos privilexios e  obrigas:

§        non está obrigado a rotar coma o resto dos  compañeiros

§        non está obrigado a sacar

§        soamente pode xogar na zona defensiva

§        nunca puede finalizar unha xogada cun  remate

 

4.- As  rotacións

 

No voleibol todos os xogadores deben variar a  sua posición no campo durante o partido, esto é o que se coñece como rotación. Consiste en avanzar unha posición no sentido de xiro das agullas dun reloxo, cada vez que o noso equipo recupera o saque. Desta maneira tódolos xogadores van sacando por turnos ó longo de cada set, a excepción do líbero.

 

5.-O  tanteo.

 

Para vencer  nun partido de voleibol é necesario gañar 3 sets.

Cada set  dispútase a 25 puntos, e é necesario que haxa como mínimo 2  puntos de diferencia.

Todos os balóns postos en xogo determinan puntos, tanto para o equipo que saca, como para o que defende. O equipo que defende si gaña o punto tamén recupera o servicio.

No caso de empate a dous sets, disputarase un quinto e definitivo set a 15 puntos soamente.

 

6.- O  saque.

 

§        Pódese sacar dende calquera punto da liña  de fondo.

§        Sólo disporemos dun intento, si fallamos é punto para o equipo contrario, e ademais sacan eles.

§        No momento do saque todos os xogadores estarán dentro do terreo de xogo.

§        O xogador que saca non  pode pisar a líña de fondo.

§        Si o balón toca a rede  e  pasa ó campo contrario, o saque  considerase válido.

 

7.- Balón en xogo.

 

§        Podemos golpear con calquera parte do corpo.

§        O golpeo do balón debe ser claro e limpo. Non se pode reter o balón coas mans.

§        O mesmo xogador non pode golpear o balón dúas veces seguidas.

§        Cada equipo dispón como máximo de tres golpeos antes de pasalo o campo contrario.

§        Non está permitido bloquear o saque do equipo contrario.

§        Non está permitido tocar a rede con ninguhna parte do corpo.

§        Despois do bloqueo, si o balón cae no noso campo, disporemos novamente de tres golpeos, é dicir, o bloqueo non conta, e ademáis pode  recoller o balón o mesmo xogador que fixo o  bloqueo.

 

8.- Xogada  básica.

 

         1-RECEPCIÓN – Toque de antebrazos.

         2-COLOCACIÓN – Toque de dedos.

         3-REMATE -  Palmeo por riba da rede para finalizar o ataque.            

 

9.-Características singulares do Voleibol  

   

     O voleibol presenta unha serie de peculiaridades que o diferencian do resto dos deportes de equipo:

 

  • O campo está dividido por unha rede central,  polo tanto non existe contacto físico cos contrarios.
  • O balón non se puede suxeitar ni reter con ningunha parte do corpo, tan so golpealo. Esto implica que no momento do golpeo hai que ter presente a forza coa  que se  golpea, e a traxectoria que queremos imprimir ó balón.
  • Os xogadores están obrigados a rotar o que implica que deben dominar todas as facetas do xogo: saque, recepción, pases, bloqueos e remates.
  • Existe un número limitado de toques de balón en cada campo.
  • Non existe límite de tempo.               

                       

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.